A Xunta achega máis de 170.00 euros a 9 restaurantes e aloxamentos da cidade e comarca da Coruña para mellorar as súas instalacións

O delegado da Xunta explicou que con estas obras os aloxamentos e restaurantes poden mellorar a súa competitividade e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes

A Coruña, 11 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe a Taberna de Cunqueiro , un dos establecementos beneficiados pola orde de axudas da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a aloxamentos e restaurantes para mellorar as súas instalacións. O representante do Goberno autonómico informou que a Xunta concedeu axudas que suman máis 170.000 euros a 9 establecementos de aloxamento e restauración da cidade e comarca, que mobilizaron máis de 400.000 euros, para mellorar as súas instalacións.

Durante a visita, o representante autonómico destacou que “estamos ante un bo exemplo do apoio da Xunta á mellora das infraestruturas dun sextor estratéxico como é o turismo nesta área”.

En total, as subvencións chegan a 9 restaurantes e aloxamentos situados nos concellos da Coruña (2), Culleredo (3), Arteixo (1), Oza-Cesuras (1), Oleiros (1) e Vilarmaior (1).

O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade. As achegas cobren tanto obras de acondicionamento como a adquisición de equipamento ou mobiliario.

A Axencia de Turismo de Galicia contou para esta orde cun total no conxunto da comunidade de 3,5 millóns de euros, divididos en dúas liñas. Por unha banda, achegas para aloxamentos, cun importe de 2,6 millóns de euros, e por outra banda, para restauración con 788.000 euros.

Trenor  puxo en valor o presente e o potencial do sector turístico en Galicia, que neste 2023 xa está superando as cifras de peregrinos, viaxeiros e de ocupación hoteleira rexistradas a estas alturas do ano pasado. Neste censo, apuntou que estes apoios aos aloxamentos e restaurantes son unha medida máis da Xunta para potenciar un sector estratéxico para Galicia.

O delegado da Xunta lembrou que o Executivo autonómico aposta por un turismo responsable, sustentable e adaptado á vida diaria dos galegos. O modelo turístico de Galicia coincide coa que demandan os novos viaxeiros, como o demostran os datos do INE que nos primeiros sete meses do ano Galicia rexistra preto de 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 6,8 millóns de noites no conxunto dos establecementos de aloxamento turístico, unha cifra de pernoitas nunca antes acadada en Galicia neste período. Estas datos se traducen nun incremento de 7,6 puntos respecto do ano récord pasado e de 7,2 respecto das noites

Segundo explicou Trenor, as cifras invitan a ser optimistas e a poder afirmar que Galicia está selando “un novo ano histórico” para o turismo.

ALOXAMENTOS
 
NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO
OBXECTO
GASTO SUBVENCIONABLE
 AXUDA
LA RECTORAL DE CINES
OZA-CESURAS
TURISMO RURAL GRUPA CASA RECTORAL

INSTALACIÓN DE PÉRGOLA EN CENADOR PRINCIPAL Y MEJORA AJARDINAMIENTO QUE RODEA LA INSTALACIÓN

26.632,00 €
13.316,00 €
 CRUNIA
CULLEREDO

HOTEL 4 ESTRELLAS

RENOVACIÓN Y MODERNIZACIÓN INSTALACIONES, MEJORAS ENERGÉTICAS Y ADQUISICIÓN

63.844,66 €

31.922,33 €

PAZO DO RÍO
OLEIROS
HOTEL MONUMENTO 3 ESTRELAS

IMPLEMENTACIÓN DE CHANNEL MANAGER E IMPLEMENTACIÓN DE SISTEMA DE XESTIÓN DIXITALIZADA DE DOCUMENTOS

2.498,16 €
1.249,08 €
ALVARELLA
VILARMAIOR

ALBERGUE TURÍSTICO 1ª CATEGORIA

MELLORA NAS INFRAESTRUCTURAS

2.646,00 €
1.058,40 €
HOTEL EUROPA
ARTEIXO
HOTEL 2 ESTRELAS
CARTELERÍA DIXITAL
14.280,00 €
5.712,00 €
5
     

109.900,82 €

53.257,81 €

 
RESTAURANTES
 
 
NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO
OBXECTO
 GASTO SUBVENCIONABLE
AXUDA
A TABERNA DE CUNQUEIRO
A CORUÑA
RESTAURANTE
 
   99.030,60 €
    39.612,24 €
PAZO DE VILABOA
CULLEREDO
RESTAURANTE

RENOVACIÓN, MODERNIZACION, EMBELECEMENTO, MOBILIARIO E DIXITALIZACIÓN

   96.605,54 €
    38.642,22 €
 EL ATLÁNTICO
A CORUÑA
RESTAURANTE

RENOVACIÓN DO EQUIPAMENTO DE COCIÑA E ACTUACIÓNS DE MELLORA QUE FAVOREZCAN O AFORRO ENERXÉTICO

    2.694,00 €
      1.077,60 €
LA CASA
CULLEREDO
RESTAURANTE

ACTUACIÓNS DE MELLORA

   96.435,00 €
    38.574,00 €
4
     
 294.765,14 €
   117.906,06 €

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/09/2023