Lorenzana resalta nun encontro con UPTA o papel dos autónomos na creación de riqueza e emprego

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro de traballo co presidente da Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, no que resaltou o papel das persoas autónomas na creación de riqueza e emprego, en sectores clave para a economía galega como o do comercio de proximidade.

Na reunión tamén participaron representantes da asociación Emafega (Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia). A conselleira tivo a oportunidade de escoitar as súas propostas e suxestións, en eidos como a simplificación e axilización das tramitacións que deben realizar ante os concellos, trasladándolles a máxima colaboración por parte da Administración autonómica.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/09/2023