Extinguido o conato de incendio forestal do concello ourensán de Rubiá, parroquia de Covas, que afectou o parque natural da Serra da Enciña da Lastra

O conato foi causado por un raio e afectou unha superficie de 10 metros cadrados

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que o conato de incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Covas, e que afectou o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, deuse por extinguido ás 12,14 horas de hoxe.

O conato (lume de menos de 1 hectárea) iniciouse ás 09,33 h. desta mañá a causa dun raio e afectou unha superficie de 10 metros cadrados. Para a súa extinción, mobilizáronse 1 axente, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 09/09/2023