Os beneficiados pola reestruturación parcelaria do Val de Camba, en Rodeiro, xa poden acceder ás súas novas fincas

Esta reorganización das parcelas permitiu converter máis de 7.500 parcelas en 1.869 fincas que se dividirán entre preto de 700 propietarios

Os beneficiarios teñen agora dous meses para reclamar fallas nas medicións das fincas
 

Rodeiro, 8 de setembro de 2023

Os beneficiados pola reestruturación parcelaria de Val de Camba, no concello de Rodeiro, xa poden tomar posesión das fincas que lles corresponden. No anuncio desta toma de posesión provisional, que se publicou no pasado mes de maio, informábase de que a partir do día 7 de setembro os beneficiados de prados, labradíos sen colleita pendente e monte poderían acceder ás súas novas fincas con todos os dereitos.

Os involucrados nesta reestruturación contan agora con dous meses para amosar as súas reclamacións, por exemplo en caso a parcela adxudicada non conte coas medidas previstas no boletín de atribucións. Para elo, a persoa afectada deberá presentar unha medición pericial asinada por un técnico competente.

Cabe destacar que este proceso beneficiou a máis de 700 propietarios. Antes de esta adaptación, a parcelaria do Val de Camba contaba con 7.529 parcelas distintas nunha área de 1.855 hectáreas. Con esta reorganización, conseguiuse agrupar varias fincas ata reducir o número a 1.869 fincas, mellorando o acceso e traballo dos propietarios.

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes para comezar cos traballos de arranxo das entradas ás fincas. Así, aqueles que consideren que precisan dunha nova vía de acceso deberán solicitar o permiso pertinente que, unha vez aprobado, lles permitirá comezar coas obras de acceso e de eliminado dos cordóns de terra resultantes. Neste sentido, é importante recalcar que todos os interesados teñen á súa disposicións os números de teléfono do servizo de infraestruturas agrarias ou a oficina de Infraestruturas de Lalín.

Ademais, a Xunta está ultimando un importante proxecto para a apertura de camiños secundarios e mellorar de camiños principais.

Data de actualización: 08/09/2023