A Xunta defende en Noruega un desenvolvemento da eólica mariña compatible coa actividade pesqueira e a preservación do ecosistema

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta semana nun evento organizado polo grupo RWE sobre eólica mariña flotante

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2023

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta semana no evento sobre eólica mariña flotante DeepDive organizado por RWE e celebrado en Stavanger (Noruega).

A Xunta incidiu en que Galicia quere ser un referente no eido da eólica mariña, un sector que representa unha oportunidade con máis de 1.200 M€ de investimento previsto en fabricación de aeroxeradores e a creación de milleiros de postos de traballo, pero sempre tendo presente que o seu desenvolvemento ten que ser compatible coa actividade pesqueira e a coa preservación do ecosistema. Ademais, tamén defendeu a importancia das plataformas experimentais que permitan acadar un grao de coñecemento maior neste tipo de instalacións, especialmente no caso de cimentacións flotantes.

Neste sentido, o Goberno galego aposta por que as decisións neste eido se tomen desde o consenso e desde o estudo rigoroso dos proxectos, das oportunidades, do impacto e do potencial industrial en Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/09/2023