A Xunta achega case 300.000 euros a 17 restaurantes e aloxamentos da cidade e comarca de Santiago para mellorar as súas instalacións

O delegado da Xunta explicou que con estas obras os aloxamentos e restaurantes poden mellorar a súa competitividade e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes

Santiago de Compostela, 08 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe a Brasería A Grella en Santiago de Compostela, un dos establecementos beneficiados pola orde de axudas da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a aloxamentos e restaurantes para mellorar as súas instalacións. O representante do Goberno autonómico informou que a Xunta concedeu axudas que suman case 300.000 euros a 17 establecementos de aloxamento e restauración da cidade e comarca de Santiago , que mobilizaron case 700.000 euros, para mellorar as súas instalacións.

Durante a visita, o representante autonómico destacou que “estamos ante un bo exemplo do apoio da Xunta á mellora das infraestruturas dun sector estratéxico como é o turismo nesta área”.

En total, as subvencións chegan a 17 restaurantes e aloxamentos situados nos concellos de Santiago de Compostela (10), Ames (2), Vedra (1), Teo (1), Ordes (1), O Pino (1) e Negreira (1).

O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade. As achegas cobren tanto obras de acondicionamento como a adquisición de equipamento ou mobiliario.

A Axencia de Turismo de Galicia contou para esta orde cun total no conxunto da comunidade de 3,5 millóns de euros, divididos en dúas liñas. Por unha banda, achegas para aloxamentos, cun importe de 2,6 millóns de euros, e por outra banda, para restauración con 788.000 euros.

Trenor puxo en valor o presente e o potencial do sector turístico en Galicia, que neste 2023 xa está superando as cifras de peregrinos, viaxeiros e de ocupación hoteleira rexistradas a estas alturas do ano pasado. Neste censo, apuntou que estes apoios aos aloxamentos e restaurantes son unha medida máis da Xunta para potenciar un sector estratéxico para Galicia.

O delegado da Xunta lembrou que o Executivo autonómico aposta por un turismo res-ponsable, sustentable e adaptado á vida diaria dos galegos. O modelo turístico de Gali-cia coincide coa que demandan os novos viaxeiros, como o demostran os datos do INE que nos primeiros sete meses do ano Galicia rexistra preto de 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 6,8 millóns de noites no conxunto dos establecementos de aloxa-mento turístico, unha cifra de pernoitas nunca antes acadada en Galicia neste período. Estas datos se traducen nun incremento de 7,6 puntos respecto do ano récord pasado e de 7,2 respecto das noites

Segundo explicou Trenor, as cifras invitan a ser optimistas e a poder afirmar que Gali-cia está selando “un novo ano histórico” para o turismo.

ALOXAMENTOS

NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO
OBXECTO
GASTO SUBVENCIONABLE
 AXUDA
NEST STYLE SANTIAGO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
HOTEL 3 ESTRELAS
MELLORA HOTEL
88.768,17 €
44.384,09 €
HOTEL QUINTA DA AUGA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
HOTEL 4 ESTRELAS
HOTEL A QUINTA DA AUGA – COMPRA MOBILIARIO E MAQUINARIA
99.125,78 €
49.562,89 €
CANAIMA
ORDES
HOTEL 1 ESTRELA
MELLORA DA INFRAESTRUTUTA DO ALOXAMENTO TURÍSTICO
44.100,00 €
17.640,00 €
RÚA VILLAR
SANTIAGO DE COMPOSTELA
HOTEL 3 ESTRELLAS

ACOMETIDA DE REFORMAS Y EQUIPAMIENTOS PARA MELLORAR A CALIDADE DAS INSTALACIÓNS

13.356,50 €
5.342,60 €
SAN LORENZO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
HOTEL DE 3 ESTRELLAS
MELLORA Y MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO HOTEL
57.267,00 €
22.906,80 €
 PAYRO
AMES
HOTEL RESIDENCIA 2 ESTRELLAS
RENOVACIÓN E MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS
6.923,14 €
2.769,26 €
 EUROSTARS ARAGUANEY
SANTIAGO DE COMPOSTELA
HOTEL DE CINCO ESTRELLAS

RENOVACIÓN E MODERNIZACIÓN INSTALACIÓNS, ADQUISICIÓN MOBLES, INSTALACIÓN CÁMARAS VIDEOVIXILANCIA.

71.556,13 €
28.622,45 €
HOTEL BELLO
O PINO
HOTEL DE UNA ESTRELLA
CAMBIO DE ASCENSOR
98.754,09 €
39.501,64 €
SAN JOSÉ
NEGREIRA
ALBERGUE TURÍSTICO 2ª CATEGORIA
AMPLIACIÓN ALBERGUE TURÍSTICO
24.273,36 €
9.709,34 €
MAPOULA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
PENSÍÓN 3 ESTRELLAS
SUMINISTRO E INSTALACIÓN DE LED
3.131,52 €
1.252,61 €
25 DE JULIO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
PENSION 1 ESTRELA
ACTUACIÓNS DE RENOVACIÓN E MODERNIZACIÓN DO ESTABLECIMIENTO
41.322,32 €
16.528,93 €
 CONGRESO
TEO
HOTEL 4 ESTRELAS
RENOVACIÓN ESTABLECEMENTO
73.570,00 €
29.428,00 €
12
     
622.148,01 €
267.648,61 €
 
 
RESTAURANTES
 
 
NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO
OBXECTO
 GASTO SUBVENCIONABLE
AXUDA
PAZO VISTA ALEGRE
VEDRA
RESTAURANTE
RENOVACIÓN TELLADO
 34.500,00 €
          13.800,00 €
BODEGUILLA DE SAN LÁZARO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
RESTAURANTE
MOBILIARIO COMEDOR
    4.181,41 €
            1.672,56 €
A NOIESA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
RESTAURANTE
EQUIPAMENTOS MOBLES NECESARIOS PARA O FUNCIONAMENTO DO ESTABLECEMENTO
 12.786,04 €
            5.114,42 €
A GRELLA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
RESTAURANTE
RENOVACIÓN E MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS MOBLES
 19.808,03 €
            7.923,21 €
A ROTONDA
AMES
RESTAURANTE
MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS
    2.163,24 €
              865,30 €
5
     
 73.438,72 €
       29.375,4€
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2023