A campaña dos trens turísticos de Galicia acada unha mención especial nos premios internacionais “Rail Tourism Awards”

O recoñecemento entregarase o vindeiro 3 de outubro no Festival Mundial do Pasaxeiro que se celebra en Viena


A mención premio o traballo de promoción do destino e das viaxes en tren que fai a Turismo de Galicia desde hai unha década

 

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023

A campaña “Trens Turísticos de Galicia” ven de ser recoñecida cunha mención especial por parte do xurado do premio internacional Rail Tourism Awards 2023, que lle será entregado a Turismo de Galicia, -iNORDE e a RENFE o vindeiro 3 de outubro no marco do Festival Mundial do Pasaxeiro, que se celebra en Viena.

 

“Con este recoñecemento estase a premiar o traballo desenvolvido por Turismo de Galicia, RENFE e INORDE, entidades colaboradoras desta acción de promoción que dende 2013 dá a coñecer o país aproveitando a ampla rede ferroviaria que coa axuda dos autocares e acompañados por guías oficiais”, explicou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen puxo de manifesto que os Trens Turísticos de Galicia son unha iniciativa que leva unha década permitindo ao viaxeiro descubrir Galicia dun xeito máis sostible, combinando visitas a lugares especiais da xeografía galega.

 

O premio recibido ven sumarse ao recibido en 2015 durante a Feira Internacional do Turismo (FITUR) acadado por ter potenciado o desenvolvemento e a comercialización da industria turística, proxectando un produto turístico de calidade, concretamente, os Trens Turísticos de Galicia foron galardoados co premio “Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de Cultura Nacional 2014”.

 

Ademais destes recoñecementos os Trens Turísticos de Galicia veñen colleitando ano a ano éxito entre os viaxeiros, cunha ocupación media de cada tren que supera o 95% nunha experiencia de xornada completa que o 98% dos participantes recomendarían. Neste 2023 son 11 os distintos itinerarios, moitos dos que xa acadaron o 100% de ocupación, e que rematan agora en setembro. Pode consultarse nas páxinas www.turismo.gal e www.renfe.es.

 

3ª Rail Tourism Awards

Impulsados pola European Travel Commission – fundada en 1948 e constituída por 35 organismos oficiais de turismo europeos-, estes premios recoñecen as campañas de promoción con máis impacto que promoven as viaxes en tren, apostando así pola promoción deste medio de transporte e por dar a coñecer os destinos europeos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2023