A Xunta achega máis de 144.000 euros a 8 restaurantes da comarca de Bergantiños-Costa da morte para mellorar as súas instalacións
O delegado da Xunta explicou que con estas obras os aloxamentos poden mellorar a súa competitividade e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes
Fisterra (A Coruña), 07 de setembro de 2023
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe O Semáforo de Fisterra, un dos establecementos beneficiados pola orde de axudas da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a aloxamentos e restaurantes para mellorar as súas instalacións. O representante do Goberno autonómico informou que a Xunta concedeu axudas que suman máis de 144.000 euros a oito establecementos de aloxamento e restauración da comarca de Bergantiños-Costa da Morte , que mobilizaron máis de 335.000 euros, para mellorar as súas instalacións.
Durante a visita, o representante autonómico destacou que “estamos ante un bo exemplo do apoio da Xunta á mellora das infraestruturas dun sextor estratéxico como é o turismo nesta área”.
En total, as subvencións chegan a 8 restaurantes e aloxamentos situados nos concellos Carballo (2), Fisterra (4) e Cee (2).
O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade. As achegas cobren tanto obras de acondicionamento como a adquisición de equipamento ou mobiliario.
A Axencia de Turismo de Galicia contou para esta orde cun total no conxunto da comunidade de 3,5 millóns de euros, divididos en dúas liñas. Por unha banda, achegas para aloxamentos, cun importe de 2,6 millóns de euros, e por outra banda, para restauración con 788.000 euros.
NOME COMERCIAL | CONCELLO ESTABLECEMENTO | TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO | OBXECTO | GASTO SUBVENCIONABLE | AXUDA |
BALNEARIO DE CARBALLO | CARBALLO | GRUPO I – HOTEL DÚAS ESTRELAS | RENOVACIÓN Y MODERNIZACIÓN DE LAS INSTALACIONES | 39.964,07 € | 19.982,04 € |
O SEMÁFORO | FISTERRA | HOTEL 2 ESTRELLAS SUPERIOR | RENOVACIÓN Y MODERNIZACIÓN DE LAS INSTALACIONES HOTEL O SEMÁFORO FISTERRA | 29.118,13 € | 17.470,88 € |
CABAÑAS DE LIRES | CEE | APARTAMENTOS TURÍSTICOS 3 CHAVES | 26.835,92 € | 10.734,37 € | |
HOTEL LA MARINA | CEE | HOTEL 2 ESTRELAS SUPERIOR | MEJORA DE LA CLIMATIZACIÓN Y EL AHORRO ENERGÉTICO – (INSTALACIÓN CLIMATIZACIÓN) | 85.669,21 € | 34.267,68 € |
4 | 181.587,33 € | 82.454,97 € |
NOME COMERCIAL | CONCELLO ESTABLECEMENTO | TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO | OBXECTO | GASTO SUBVENCIONABLE | AXUDA | ||
RAXERÍA RÍO SIL | CARBALLO | RESTAURANTE – CAFÉ BAR-HOTEL | IMPLEMENTACIÓN MEDIDAS AFORRO ENERXÉTICO, INSTALACION PLACAS SOLARES E BOMBAS DE CALOR DE AEROTERMIA | 62.518,50 € | 25.007,40 € | ||
O CENTOLO | FISTERRA | RESTAURANTE | MAQUINARIA DIVERSA PARA A MELLORA DO RESTAURANTE | 30.340,00 € | 12.136,00 € | ||
LA BAYONNAISE 1803 | FISTERRA | RESTAURANTE | ADQUISICIÓN CAMPANA E OBRA ( TEITO E CHAN) | 35.967,03 € | 14.386,81 € | ||
O FRAGÓN RESTAURANTE | FISTERRA | RESTAURANTE | ACONDICIONAMENTO INTERIOR E EXTERIOR DO ESTABLECEMENTO | 26.054,80 € | 10.421,92 € | ||
4 | 154.880,33 € | 61.952,13 € |