A Xunta comeza as obras da nova senda peonil na estrada LU-617 en Toiriz, no concello de Pantón, ás que destina preto de 330.000 euros

Habilitarase un itinerario de 530 metros a ambos os lados da estrada, cun ancho mínimo de

Esta intervención dará continuidade á senda xa executada, posibilitando un itinerario peonil continuo de 850 metros nesta parroquia do municipio lucense
 

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

A Xunta vén de comezar as obras de construción dunha nova senda peonil na estrada LU-617, en Toiriz, no concello de Pantón, que suporán un investimento de preto de 330.000 euros.

Esta intervención de mellora da mobilidade e da seguridade viaria conta cun prazo de execución de 6 meses.  

O obxectivo das obras iniciadas é habilitar unha nova senda de 530 metros a ambos os lados da LU-617, ao seu paso polo núcleo de Toiriz. O novo itinerario terá un ancho mínimo de 1,8 metros, salvo nalgunha zona puntual con vivendas, garantindo a accesibilidade.

Con esta actuación completarase o itinerario existente nesta vía da Xunta, dotando a parroquia dun itinerario peonil continuo de 850 metros de lonxitude.

Para executar o novo itinerario comézase pola demolición, primeiro, das cunetas, soleiras existentes e demais pavimentos. Despois disporase o novo itinerario en saburra artificial e formigón bituminoso.

Ademais construiranse 2 muros de contención con bloques de granito, que disporán de varandas de protección. Tamén se disporá balizamento e defensas.

A intervención completarase coa colocación de canal de desaugue e sumidoiros, conectados a unha nova canalización para garantir a correcta recollida das augas pluviais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/09/2023