A delegada da Xunta participa en Baiona nas actividades polo día mundial de prevención ao suicidio

A representante autonómica acompañou ao alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, así como a concelleiros, turistas e numerosos veciños da vila nun percorrido polas rúas de Baiona co obxectivo de contribuír a frenar a lacra e concienciar á sociedade

Vigo, 6 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores nas actividades organizadas polo Concello de Baiona con motivo do Día Mundial de Prevención ao Suicidio. A representante autonómica acompañou ao alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, así como aos concelleiros e a numerosos veciños da vila nun percorrido polas rúas de Baiona co obxectivo de contribuír a frenar a lacra e concienciar á sociedade.

A iniciativa é un proxecto transversal que conxuga exercicio físico, cultura e coñecemento para actuar ante os problemas mentais. A xornada comezou ás 10:00 horas cunha andaina polo Casco Vello coa acompañamento dunha guía. Posteriormente, na Casa-Museo da Navegación, celebrouse un taller de prevención do suicidio baixo o título “Mitos sobre o suicidio: factores de protección”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2023