Lorenzana coñece os proxectos enerxéticos que Engie prevé implantar en Galicia

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa dirección en España da multinacional francesa Engie para coñecer de primeira man os plans de investimento que prevé realizar en Galicia.

Este grupo, con presenza en 31 países, quere implantarse en Galicia con proxectos enerxéticos no eido da eólica terrestre e mariña. Así, agarda desenvolver preto de 132 MW antes de 2025 a través de cinco parques eólicos que se están tramitando nestes momentos. En concreto, As Penizas, Rodeiro e Touriñán, en Pontevedra, e Rodicio e Xesteirón en Ourense. No eido da eólica mariña, vén de firmar un acordo con Navantia para a fabricación de cimentacións flotantes para o que conta con experiencia previa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/09/2023