Miranda analiza con Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, a situación da colectividade no Brasil

Manuel Enríquez aproveitou a visita para valorar e agradecer a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración no que a apoio económico, humano e social se refire

Santiago de Compostela, 04 de setembro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na Secretaría Xeral da Emigración a Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, colonia que agrupa ao Centro Español de Santos, á Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficencia Rosalía De Castro así como ao Jabaquara Atlético Clube.  

Enríquez, que leva máis de 60 anos residindo no Brasil, participa activamente no día a día das entidades de Santos e, ademais, coñece en profundidade a situación da colectividade galega que alí reside. Por esta razón, aproveitou a visita para valorar e agradecer a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración no que ao apoio económico, humano e social se refire.

Ademais de falar sobre as diferentes actividades culturais que a comunidade vai desenvolver nos vindeiros meses, este encontro serviu tamén para tratar sobre diferentes proxectos que se porán en marcha para a promocionar os Camiños de Santiago.

Por último, Rodríguez Miranda, que o pasado ano tivo a oportunidade de acudir a este centro da “Baixada Santista” con motivo da presentación da Estratexia Galicia Retorna, mostrou a súa satisfacción polo traballo que estas entidades do Brasil realizan día a día, sendo un exemplo e mostra do significado e esencia que ten a colectividade galega do exterior.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/09/2023