Martina Aneiros percorre coa asociación ASCM un tramo da peregrinación inclusiva a Santo André de Teixido

Ferrol, 4 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañou esta mañá a membros da asociación ASCM e outras entidades vinculadas ao ámbito da mobilidade na primeira etapa do Camiño a Santo André de Teixido, unha iniciativa coa que a entidade ferrolá pretende promover o turismo inclusivo á vez que potencia este destino de peregrinación.

Os participantes tomaron a saída do peirao de Curuxeiras rumbo a Narón onde finalizaron a primeira xornada dun itinerario que consta de 50 quilómetros a realizar en cinco etapas.

A delegada territorial destacou o compromiso da Xunta “co fomento dun turismo inclusivo e de calidade que permita a todas as persoas, máis alá das súas capacidades, poder desfrutar da experiencia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/09/2023