A Xunta apoia o campamento de verán de Special Olympics en Vilanova de Arousa, destinado a persoas con discapacidade

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 1 de setembro de 2023 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe os participantes no campamento de verán de Special Olympics que se desenvolve estes días no Hotel Leal de Vilanova de Arousa. O Goberno galego asina un convenio anual con esta entidade por valor de 200.000 € para a posta en marcha deste tipo de iniciativas destinadas a fomentar a plena inclusión das persoas con discapacidade.

En total, este ano participaron 304 persoas con discapacidade intelectual nestas actividades, acompañadas por 75 persoas de apoio e 27 da organización. Entre as entidades participantes da provincia de Pontevedra atópase AGASFRA, ASPAVI e ACEESCA.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2023