A Xunta colabora co campamento para nenos en acollemento que organiza Acougo en Boiro

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe as instalacións da Xunta nas que se desenvolve o campamento ‘Agarimos’

Boiro (A Coruña), 1 de setembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe o campamento de verán ‘Agarimos’  para nenos en acollemento, que se desenvolve no concello de Boiro e organiza Acougo (Asociación Galega de Familias de Acollida.

A estadía ten lugar no campamento xuvenil Espiñeira, da Xunta de Galicia, e deu comezo o pasado día 26 de agosto e finaliza o día 3 de setembro. Ademais, neste campamento participan persoas voluntarias que se aseguran de ofrecer un ambiente acolledor, divertido e de lecer. O director xeral fixo fincapé na importancia do acollemento para garantir que todos os nenos teñan acceso a un fogar que os coide.
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2023