A Xunta impulsa actividades etnográficas no camiño portugués pola costa a través do voluntariado

Oia (Pontevedra), 1 de setembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os participantes do campo de voluntariado que a Xunta organiza no concello de Oia. A directora acompañounos durante os preparativos da visita guiada teatralizada que realizarán este domingo no Castro do Cano dos Mouros, actividade incluída na programación do Festival do Rei Sol.

Os mozos tamén realizan unha labor divulgativa do evento, convidando a peregrinos e veciños da localidade a achegarse a estas actividades etnográficas e musicais. Así mesmo, realizan labores de coidado do patrimonio arqueolóxico e cultural arredor do Camiño Portugués pola Costa, o que máis medra cada ano en número de usuarios.

A campaña de verán da Xunta en 2023 volve bater todos os récords históricos con máis de 11.200 prazas en campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras propostas —400 máis que o ano pasado—, sendo Galicia a Comunidade Autónoma que máis prazas oferta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2023