A Xunta impulsa este verán seis actuacións en centros educativos de Carballo cun investimento de case un millón de euros

Trenor visitou o IES Monte Neme para informar das actuacións previstas neste centro de instalación dunha caldeira de biomasa e dunha placa fotovoltaica que suporán un investimento de máis de 427.000 euros
 

O delegado da Xunta explicou que estas obras en centros educativos permiten avanzar no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar colexios e institutos máis sostibles e innovadores
 

Carballo (A Coruña), 1 de setembro de 2023 O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o IES Monte Neme no que está prevista a realización dunha obra de mellora da eficiencia enerxética coa instalación dunha caldeira de biomasa que conta cun orzamento máis de 400.000 euros e que permitirá deixar de consumir máis de 20.000 litros de gasoil ao ano. Tamén está prevista a instalación dunha placa fotovoltaica que supón outro investimento doutros 27.000 euros. 

O representante do Goberno autonómico destacou que as caldeiras de biomasa permiten un abastecemento enerxético sustentable e aforrar en combustible á vez que se colabora coa natureza “Ao cambiar os combustibles fósiles por recursos de biomasa, redúcense as emisións de gases efecto invernadoiro á atmosfera. A isto hai que sumarlle que os combustibles que usan este tipo de caldeiras para a súa subministración como pellets, achas, ou ósos de oliva, entre outros moitos, están compostas por recursos naturais reciclados da zona” recalcou Trenor. 

Trenor destacaou queestas actuacións permitirán avanzar neste colexio no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar centros educativos máis sostibles e innovadores. 

Obras centros educativos

Trenor salientou que as obras en centros educativos impulsadas este verán se enmarcan na aposta da Xunta por renovar e actualizar os centros educativos da área de Bergantiños-Costa da Morte  ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para dar resposta ás demandas da comunidade educativa en función das necesidades de cada centro. 

En concreto, en Carballo a maiores das actuacións no IES Monte Neme está en marcha a obra de cambio de cuberta no CEIP Nétoma por case 200.000 euros e no IES Alfredo Brañas a reforma integral do salón de actos, na que a Xunta de Galicia inviste máis de 275.000 euros. A maiores tamén se está levando a cabo a renovación de parte das fiestras nos CEIP de Gándara Sofán e varias reparacións menores no CEIP Fogar. 

 IES Monte Neme

Este centro educativo forma a 576 alumnos cun cadro de persoal de 68 profesores. É un dos centros que conta con mellores resultados nas probas de ABAU xa que os seus alumnos obtiveron unha media na fase xeral de 7,85 puntos, a terceira mellor nota de Galicia e a segunda se só temos en conta os centros públicos. Ademais, tendo en conta a nota do bacharelato, a nota global é de 8,15 puntos, a sexta mellor nota da comunidade. 

Dentro dos seus programas educativos destaca o PLAMBE (Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares) desde o 2015, os clubs de lectura e de ciencia e entre as súas iniciativas destacadas están adheridos ás accións formativas para persoas desempregadas e á rede de dinamización de FP dual.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2023