A delegada territorial da Xunta participa en Ferrol nos actos conmemorativos da festividade de San Ramón

Ferrol, 31 de agosto de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nos actos conmemorativos da festividade de San Ramón que cada 31 de agosto organiza o Concello de Ferrol en honor a unha das súas figuras máis ilustres, o marqués de Amboage, con motivo do seu santo. Ao pé do seu monumento, situado na praza que leva o mesmo nome, depositouse unha ofrenda floral.

Con anterioridade, Aneiros asistiu no teatro Jofre ao acto de celebración do 50 aniversario da irmandade de Ferrol e a localidade lusa de Vila do Conde.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/08/2023