Estabilizado o incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Santigoso

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 90 hectáreas

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que incendio forestal do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Santigoso, quedou estabilizado ás 11,34 de hoxe. Segundo as últimas estimacións rolda as 90 hectáreas de superficie afectada.

O lume iniciouse ás 22,20 h. de onte e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 5 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 2 palas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Data de actualización: 30/08/2023