A Xunta activa servizos especiais de autobús nas madrugadas do 2 e do 3 de setembro para facilitar os desprazamentos de volta das festas de Perillo, en Oleiros

Habilitaranse dous servizos especiais durante as festas desde a parada de Lucín ata Entrexardíns, ás 02,30 e ás 03,30 horas ambos os días

A Xunta facilita alternativas de viaxe en transporte público co propósito de reducir os riscos da condución nocturna e minorar o impacto medioambiental e sobre o tráfico

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023

A Xunta activará servizos especiais de autobús nas madrugadas do 2 e do 3 de setembro para facilitar os desprazamentos de volta das festas de Perillo, en Oleiros.

 

Concretamente, habilitaranse dous servizos especiais que partirán desde a parada de Lucín cara a Entrexardíns ás 02,30 e ás 03,30 horas dos días 2 e 3 de setembro.

 

O itinerario da liña terá os seguintes puntos de paso: Lucín, A Pezoca, O Carballo, San Pedro de Nós, Palmeras, Ponte do Burgo, O Burgo, O Burgo Edificio Usos Múltiples, Universidade Laboral, Cruce Cordeda, Portazgo, Palavea Alcampo, Alfonso Molina-Coca-Cola, Alfonso Molina Zapateira, Alfonso Molina Elviña, Alfonso Molina (Carrefour), Avenida Alfonso Molina, Praza de Ourense e Entrexardíns.

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, facilita mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta.

 

Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

 

A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.

Data de actualización: 30/08/2023