A Xunta destina 7,7 M€ ao financiamento da gratuidade nas escolas infantís municipais no curso 2023-24

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde axudas para dar continuidade no curso 2023-24 á gratuidade das escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o 100 % do alumnado. O importe destinado a esta liña de axudas é de 7,7 millóns de euros e está previsto subvencionar a 138 centros de toda Galicia.

As entidades que se acollan a estas axudas recibirán un pagamento anticipado do 100 % das cantidades correspondentes á primeira anualidade e de ata o 90 % da achega que corresponda ao ano 2024. A partir de mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes dos días 1 ao 30 do vindeiro mes de setembro.

Con esta medida, a Xunta asume as contías que terían que aboar á escola infantil municipal unhas 6700 familias galegas durante once meses, as cales non terán que pagar nada pola atención educativa de 0 a 3 anos dos seus fillos. Estas familias únense ás máis de 23.000 que leven aos seus nenos ás escolas infantís da Xunta, ás de entidades sociais ou ás privadas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/08/2023