Activo un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Santigoso

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Santigoso, que segundo as últimas estimacións rolda as 70 hectáreas de superficie afectada.

O lume iniciouse ás 22,20 h. de onte e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 3 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 30/08/2023