A Xunta comeza as obras dunha nova senda peonil na estrada OU-301 en Bande

A actuación, cun investimento de preto de 48.300 €, consiste na construción de dous tramos de senda na marxe esquerda da OU-301, que darán continuidade ás beirarrúas actuais e facilitarán a conexión coa capitalidade de Bande

Acondicionarase e mellorarase a accesibilidade no tramo de beirarrúa, dotándoa de baldosa podotáctil e ampliándoa onde sexa necesario

O obxectivo desta intervención é contribuír a favorecer a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sostibles
 

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

A Xunta vén de comezar a execución dunha nova senda peonil na estrada OU-301 no concello de Bande.

A intervención, cun investimento de máis de 48.300 €, consiste na construción de dous tramos de senda peonil na marxe esquerda da OU-301 entre os puntos quilométricos 27+550 e 27+850, que darán continuidade ás beirarrúas actuais e facilitarán a conexión coa capitalidade de Bande.

A senda disporá dunha anchura de 2 metros, espesor de 12 cm e bordo de formigón.

O primeiro treito iníciase no punto quilométrico 27+560 e remata no 27+645. A partir dese punto e ata o quilómetro 27+800 existe actualmente beirarrúa, polo que desde ese punto e ata o quilómetro 27+845 executarase o segundo treito de nova beirarrúa.

No punto quilométrico 27+575 hai un sifón que cruza a estrada e deberá ser demolido e reconstruído deixando o espazo necesario para non interromper o itinerario da nova senda.

No segundo tramo entre os puntos 27+560 e 27+645, será necesario executar un muro de contención de bloques de pedra granítica, duns 3 m de altura, que permita dar continuidade á beirarrúa.

Como obras complementarias, acondicionarase e mellorarase a accesibilidade no tramo de beirarrúa existente intermedio, dotando de baldosa podotáctil e rebaixando os encontros e ampliando a beirarrúa onde é necesario e posible.

O obxectivo desta actuación é contribuír a favorecer a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sostibles.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/08/2023