A Xunta destaca a importancia de eventos como Abanca Pantín Galicia Pro 2023 para a proxección internacional de Galicia como referente do turismo deportivo

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e da directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participaron na presentación

A praia de Pantín acolleu esta mañá a presentación oficial da 36ª edición dunha das probas de surf máis importantes do calendario internacional

Santiago de Compostela, 28 de  agosto de 2023

A Xunta destaca a importancia de eventos como Abanca Pantin Classic Galicia Pro 2023 para a proxección internacional de Galicia como referente do turismo deportivo. A praia de Pantín acolleu esta mañá a presentación oficial da 36ª edición dunha das probas de surf máis importantes do calendario internacional.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e da directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participaron na presentación , onde Xosé Merelles destacou a relevancia deste certame, resaltando que se trata do único evento de Surf Profesional Internacional que se celebra en España.

Merelles incidiu na importancia de apostar por eventos deportivos de primeiro nivel coma este que permiten non só situar a Galicia como referente do turismo deportivo se non tamén avanzar no desenvolvemento dun modelo turístico sostible e de calidade.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puxo en valor o respaldo do Goberno galego ao evento do que destacou non so a súa importancia a nivel deportivo, senón tamén turístico (dende 2016 é Festa de Interese Turístico de Galicia).

Aneiros eloxiou a “idea inicial” de quen concibiu o Pantín Classic hai xa 36 anos, “apreciando o que esta paraxe de Ferrolterra ten para ofrecer e creando este campionato en aras de dar a coñecer un deporte tan espectacular como este, conseguindo que se harmonizara na nosa cultura”, sinalou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/08/2023