A Xunta destaca que a Festa do Viño do Condado do Tea ten un gran atractivo turístico e pon en valor o produto

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 27 de agosto de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron hoxe nos actos da LXIV Festa do Viño do Condado do Tea, que se celebra na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño. Ambos coincidiron en destacar a importancia deste certame para poñer en valor os viños desta subzona da denominación de orixe Rías Baixas e tamén en resaltar a ampla tradición e o atractivo turístico desta festa.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/08/2023