O conselleiro de Sanidade visita o centro de saúde de Lavadores que no que vai de verán leva realizadas máis de 17.000 consultas

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego reuniuse cos profesionais do centro, que atende a máis de 15.000 persoas, das que máis de 1.800 están en idade pediátrica

Vigo, 27 de agosto de 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou está semana o centro de saúde de Lavadores. Na visita, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego reuniuse con profesionais deste centro, nunha xuntanza á que tamén asistiron o xerente da área sanitaria, Javier Puente, e a xefa de servizo, Carmen Durán.

Este verán, os profesionais deste centro levan realizadas máis de 17.000 consultas no que vai de período estival, o que demostra o bo funcionamento deste centro da rede sanitaria pública galega.

Na súa visita ao centro, que atende a unha poboación de máis de 15.100 persoas, das que máis de 1.800 están en idade pediátrica, o conselleiro agradeceu aos profesionais o traballo realizado nun momento tan difícil como o actual, como consecuencia do déficit de médicos de atención primaria que se está a dar no conxunto de España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/08/2023