Extinguido o incendio forestal nas parroquia de Fumaces e A Trepa en Riós (Ourense)

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 21,37 hectáreas, das que 12,34 foron de monte raso e as 9,03 restantes de arborado

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa, quedou extinguido ás 12,38 h. de hoxe. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 21,37 hectáreas, das cales 12,34 foron de monte raso e as 9,03 restantes de arborado. 

O lume iniciouse ás 16,10 h. de onte e para a súa extinción mobilizáronse, en total, 3 técnicos, 10 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Data de actualización: 25/08/2023