A Xunta pon en valor as feiras do gando e os valores que difunden para a xestión do monte

Xove, (Lugo) 24 de agosto de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta mañá á feira de gando vacún e cabalar de San Bartolo, que se celebra anualmente na parroquia de San Isidro do Monte, no concello lucense de Xove. A cita conta cun concurso gandeiro e outro de marcha cabalar.

Alí, Balseiros puido poñer en valor a importancia deste tipo de celebracións, así como os valores que difunde en relación coa importancia do gando para a xestión do monte galego en materia de prevención de incendios. Seguindo esta liña, fixo referencia aos traballos que se están a levar a cabo no pasteiro de Xove, cunha roza de 15,5 hectáreas para aproveitar seis parcelas para pastoreo de gando, diminuír o risco de incendios e favorecer a economía do concello.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/08/2023