A Xunta pon en valor o traballo da asociación TDAH Salnés cos nenos da comarca

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 24 de agosto de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta semana as instalacións da Asociación TDAH Salnés en Vilagarcía de Arousa para coñecer o labor que realizan con nenos con necesidades educativas especiais.

A responsable autonómica destacou o traballo que desenvolve esta entidade e mostrou o apoio da Xunta de Galicia ás actividades e programas que teñen en marcha nesta comarca.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/08/2023