A Xunta amplía en máis de 9 M€ o crédito das axudas para a transformación das frotas de vehículos de transporte por estrada

Con esta ampliación de orzamento, a Xunta sumará un investimento de 29,4 M€ mobilizado nestas axudas

Este crédito permitirá atender a máis de 1.150 solicitudes de axudas presentadas, así como a aquelas que se sigan demandando

Os incentivos van dirixidos ao achatarramento de vehículos de transporte por estrada e á adquisición de vehículos de enerxías alternativas

Tamén se contemplan no obxecto destas axudas a modificación da forma de propulsión de vehículos, a implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos e a adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2023 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de ampliar en máis de 9 M€ o crédito das axudas para a transformación das frotas de vehículos de transporte por estrada.

Con esta ampliación de crédito, a Xunta sumará un investimento de 29,4 M€ mobilizado nestas axudas.

Este orzamento permitirá atender a máis de 1.150 solicitudes de axudas presentadas, así como a aquelas que se demanden.

Este proxecto vai dirixido a cinco liñas de actuación, entre elas o achatarramento de vehículos e a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono.

No marco destas axudas, tamén se contemplan incentivos para a modificación da forma de propulsión de vehículos, a implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos ou a adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias.

O obxectivo é favorecer a xeración de emprego indirecto en fabricación de vehículos e contribuír á diminución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Estas medidas impulsadas pola departamento de Infraestruturas da Xunta enmárcanse no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Data de actualización: 24/08/2023