Turismo de Galicia abre hoxe o prazo para solicitar 21 bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo

6 son bolsas para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e 15 bolsas para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras
 

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023

A Axencia de Turismo de Galicia abre hoxe o prazo para poder solicitar as axudas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia no curso curso 2023/24.

As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo. Existen dúas modalidades de bolsas, as bolsas de nova adxudicación e as bolsas de renovación. Ambas modalidades de bolsas serán, á súa vez, de dous tipos, unha que contempla un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación, e outro que contempla un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria do CSHG por titulación.

Desta maneira, outorgaranse 21 bolsas de nova adxudicación para o curso 2023/24: 6 son bolsas tipo I para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e 15 bolsas tipo II para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 22 de setembro. A maiores de estas axudas, o centro dispón das exencións contempladas por lei, en especial as de familia numerosas que van do 50 ao 100% da matricula, e do 100% no caso de matrícula de honra no bacharelato. Toda a información está publicada no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non se outorguen a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2023/24, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/08/2023