A Xunta e a Fundación RIA desenvolven hoxe e mañá actos de participación cidadá sobre a estrada AC-305 ao paso por Escarabote, en Boiro, e Coroso, en Ribeira

O encontro en Escarabote celébrase hoxe, de 11 a 13:30 horas, no Centro Social; e en Coroso, terá lugar mañá, na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira, no mesmo horario
 

O obxectivo é fomentar a participación dos veciños para abordar a mellora da seguridade e a humanización desta estrada e considerar as achegas cidadás
 

O Goberno galego e a Fundación RIA están a colaborar no impulso da humanización da estrada AC-305, nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo
 

No marco desta colaboración, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa aprobou o proxecto para acondicionar a travesía de Palmeira, en Ribeira, que suporá un investimento de preto de 2,8 M€

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2023 A Xunta e a Fundación RIA desenvolven hoxe e mañá actos de participación cidadá sobre a estrada AC-305 ao seu paso polos núcleos de Escarabote, en Boiro, e Coroso, en Ribeira. 

O encontro en Escarabote celébrase hoxe, de 11 a 13:30 horas, no primeiro andar do Centro Social do citado núcleo; e en Coroso, terá lugar mañá, na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira, no mesmo horario.

O obxectivo destes encontros é fomentar a participación dos veciños para abordar a mellora da seguridade e a humanización da estrada e considerar as achegas cidadás. 

Nestas reunións, os asistentes poderán coñecer os resultados do estudo realizado sobre esta estrada autonómica, así como as propostas de mellora da AC-305 en Escarabote e Coroso. 

As intervencións contarán coa presenza de representantes da Fundación RIA, da Asociación de Veciños Fontenova, ou de axentes locais. 

Os veciños poderán aportar as súas reflexións e suxestións sobre a vía nas reunións. No caso non poder asistir, poderán trasladar as súas inquedanzas a través dunha enquisa online dispoñible no seguinte enlace: https://cutt.ly/vwfsrbdL 

Cómpre lembrar que a Xunta está a colaborar coa Fundación RIA no proxecto de humanización da estrada AC-305, no seu percorrido polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

Neste sentido, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou en maio o proxecto para humanizar a travesía de Palmeira, no concello e Ribeira, que prevé un investimento de preto de 2,8 M€. 

Trátase de transformar este treito nunha rúa, adaptándoo aos diferentes contextos que atravesa, integrándoo e recuperando o seu carácter humano.

No marco desta iniciativa, continúa o traballo de elaboración de propostas de intervención  para reforzar a seguridade e recuperar a identidade urbana en 5 tramos prioritarios nesta estrada, nos núcleos de Taragoña, Boiro, Escarabote, A Pobra do Caramiñal e Coroso.

Data de actualización: 22/08/2023