A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora de seguridade da estrada AC-424 no Couto, en Ponteceso

O obxectivo do contrato, adxudicado por máis de 18.000 €, é reforzar a seguridade na intersección do punto quilométrico 1+310 da AC-424, que presenta problemas de visibilidade

Intervirase para mellorar a intersección, gañando espazo a través da expropiación da edificación non habitada neste punto

Este proxecto coordinarase coa senda prevista na mesma estrada, entre os puntos quilométricos 1+150-1+400

A Xunta prevé executar o vindeiro ano tanto as obras da senda, como as da mellora da intersección

Santiago de Compostela, 21 de agosto 2023 A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada AC-424 no Couto, en Ponteceso.

Este contrato foi adxudicado á empresa consultora L2 Ingeniería y Consulting Galicia S.C.P. por un importe de máis de 18.000 €.

O obxectivo é reforzar a seguridade na intersección do punto quilométrico 1+310 da estrada autonómica AC-424, que presenta problemas de visibilidade.

Para isto, proxectaranse as intervencións precisas para optimizar esta intersección, gañando espazo a través da expropiación da edificación non habitada que se atopa nunha esquina da mesma.

Este proxecto considerará a actuación programada da senda nesta mesma estrada AC-424, entre os puntos quilométricos 1+150-1+400, xa aprobada.

Este itinerario, coa mellora da citada intersección, verá reforzada a seguridade viaria tanto dos vehículos como dos usuarios da senda.

A Xunta prevé executar o vindeiro ano as obras da senda, así como as da mellora da intersección.

Data de actualización: 21/08/2023