O delegado territorial reúnese coa AEMPE e agradece “O seu importante labor”

Reguera asegurou que a Xunta sempre está disposta a colaborar con iniciativas que melloren a economía, a calidade de vida ou a contorna de Galicia

Pontevedra, 21 de agosto de 2023

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, reuniuse hoxe cos responsables da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE). Durante o encontro, que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta, o presidente da asociación, José María Corujo, aproveitou para desexar ao delegado moita sorte na súas novas responsabilidades e comentou algúns dos principais retos da Asociación.

Neste sentido, Reguera explicou aos representantes de AEMPE que a Xunta é consciente do importante traballo que levan a cabo dende a asociación e que o goberno autonómico sempre está disposto a colaborar con iniciativas que afecten de forma positiva a economía, os habitantes ou a contorna da Comunidade Autónoma.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/08/2023