Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Orosa

A superficie afectada foi de 126,09 hectáreas, das cales 117,59 corresponden a monte raso e 8,5 a arborado

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Orosa, quedou extinguido ás 12,25 h. de hoxe. Así, a superficie afectada foi de 126,09 hectáreas, das cales 117,59 corresponden a monte raso e 8,5 a arborado.

O lume iniciouse o pasado venres ás 16,21 h. e para a súa extinción mobilizáronse 4 técnicos, 28 axentes, 26 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 21/08/2023