Controlados os incendios forestais rexistrados nos concellos lucenses de Palas de Rei e Castro de Rei

Segundo as últimas estimacións o lume de Palas de Rei, parroquia de Orosa, rolda as 125 hectáreas de superficie afectada

O incendio de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia, afecta unhas 27,5 hectáreas de superficie

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que os incendios forestais rexistrados nos concellos lucenses de Palas de Rei e Castro de Rei quedaron controlados.

O lume de Palas de Rei, parroquia de Orosa, quedou controlado ás 16,35 h desta tarde. Iniciouse onte ás 16,21 h e segundo as últimas estimacións a superficie afectada rolda as 125 hectáreas.  Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 19 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, 3 pas, 4 avións e 5 helicópteros.

O incendio do concello de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia, quedou controlado ás 16,47 h de hoxe. Iniciouse ás 15,50 h de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 27,5 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 7 axentes, 19 brigadas, 15 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 19/08/2023