Activo un incendio forestal rexistrado no concello lucense de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia

Segundo as primeiras estimacións o lume rolda as 20 hectáreas de superficie afectada

Outro incendio afecta a unhas 80 hectáreas no concello de Palas de Rei, parroquia de Orosa, na mesma provincia

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, rexistrado no concello lucense de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia. Segundo as primeiras estimacións rolda as 20 hectáreas de superficie afectada.

O lume iniciouse ás 15,50 h de hoxe. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 2 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.

Actualmente hai outro incendio activo no concello lucense de Palas de Rei, na parroquia de Orosa, que afecta a unha superficie de 80 hectáreas. O lume iniciouse ás 16,21 h de hoxe. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 13 axentes, 14 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 4 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Data de actualización: 18/08/2023