Os trens turísticos de Galicia acadan xa o 80 % de ocupación nas 11 rutas ofertadas por toda a xeografía galega

Este ano 2023, as rutas das camelias en flor e Experiencia Museo Estrella Galicia na Coruña, acadaron o 100 % de ocupación
 

Esta modalidade de turismo que combina viaxes en tren con visitas a lugares especiais da xeografía galega se leva desenvolvendo desde 2013
 

Os prezos mantéñense desde 2019: 45 euros adulto e 20 euros neno por ruta
 

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2023  A campaña dos trens turísticos de Galicia 2023 posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración coa empresa Renfe e o Inorde acada xa un 80,9 % de ocupación, xa que das 2.040 prazas ofertadas ata o de agora xa foron cubertas 1.650. 

Esta modalidade de turismo que combina viaxes en tren con visitas a lugares especiais da xeografía galega lévase desenvolvendo desde 2013. Ano tras ano, grazas á alta demanda e ocupación, os trens turísticos foron evolucionando para poder ofrecer un amplo abano de posibilidades aos viaxeiros de xeito que este servizo distribúese por toda a xeografía galega.  

Este 2023, son 11 os distintos itinerarios: a Ruta dos queixos de Galicia, a Ruta das Mariñas, a Ruta dos faros, a Ruta dos pazos e os xardíns históricos, a Ruta do viño Rías Baixas, a Ruta dos viños do Ribeiro, a Ruta dos viños de Monterrei, a Ruta da lamprea, a Ruta dos mosteiros, a Ruta das camelias en flor e a Ruta experiencia Museo Estrella Galicia en A Coruña; estas dúas últimas como novidades que acadaron o 100 % de ocupación. 

Grazas aos itinerarios deseñados, os visitantes achéganse a paraxes especialmente atractivos do noso territorio a través dun medio sostible como é o ferrocarril ademais de coñecer os produtos enograstronómicos galegos de calidade. 

Polo que respecta aos billetes, os prezos para estes trens mantéñense desde 2019: 45 euros adulto e 20 euros neno por ruta. 

Toda información relacionada cos Trens turísticos de Galicia pode consultarse nas páxinas www.turismo.gal e www.renfe.es.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/08/2023