A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias de Galicia

Na provincia da Coruña, avanzan as actuacións en marcha na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño

Proseguirán as tarefas na LU-540, no tramo entre Viveiro e Cabreiros; e avanzarán as actuacións na LU-124 en Mondoñedo

Na provincia de Ourense, continuarán as intervencións na OU-902, que comunica os municipios do Carballiño e O Irixo

Continuarán os traballos nas marxes da autovía AG-51, en Salvaterra de Miño; na AG-56, que une Moaña e Cangas; ou na VG-4.6 Cangas-Bueu e na do Morrazo

Estas intervencións enmárcanse no novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 millóns de euros en dous anos

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2023

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias de Galicia.

Na provincia da Coruña, avanzan as actuacións xa en marcha na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño.

Na provincia de Lugo, proseguen as tarefas na LU-540, ao paso polos municipios de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade; así como na LU-160, en Mondoñedo e no Valadouro.

Na provincia de Ourense, continuarán as intervencións en marcha na estrada OU-902, que comunica os municipios do Carballiño e O Irixo.

Na provincia de Pontevedra, proseguirán as obras en execución nas marxes da autovía AG-51, no concello de Salvaterra de Miño; na AG-56, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.

Seguridade viaria

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 millóns de euros para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Data de actualización: 19/08/2023