Os centros de FP galegos contarán o vindeiro curso con 85 aulas de emprendemento e 42 espazos de tecnoloxía aplicada

As iniciativas, cun investimento total de máis de 1,2 millóns de euros, entroncan directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia

O obxectivo destes programas é mellorar as perspectivas laborais dos estudantes de ciclos formativos

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2023

Os centros de FP galegos van contar o vindeiro curso cun total de 85 aulas de emprendemento e 42 espazos de tecnoloxía aplicada. O obxectivo da Xunta de Galicia é mellorar as perspectivas laborais dos estudantes, fomentando o emprendemento e facilitándolles entrar en contacto con elementos e ferramentas tecnolóxicas que se empregan nas empresas.

Cun investimento de máis de 1,2 millóns de euros, ambas iniciativas entroncan cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia, as follas de ruta do Goberno galego para continuar consolidando estas ensinanzas ao longo da década.

Canalizar as iniciativas emprendedoras

No caso das aulas de emprendemento, cada unha delas (tanto as novas como as 60 que xa estaban en funcionamento) reciben unha achega da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades de 5.000€. Son un total de 25 as que se incorporan para o vindeiro curso en concreto as reflectidas na seguinte táboa:

Provincia
Concello
Centro educativo
Coruña, A
Arzúa
IES de Arzúa
Coruña, A
Betanzos
IES As Mariñas
Coruña, A
Cee
IES Fernando Blanco
Coruña, A
Coruña, A
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Coruña, A
Coruña, A
IES Agra do Orzán
Coruña, A
Coruña, A
IES A Sardiñeira
Coruña, A
Coruña, A
IES Ramón Menéndez Pidal
Coruña, A
Curtis
IES de Curtis
Coruña, A
Padrón
IES Macías o Namorado
Coruña, A
Santiago de Compostela
IES Lamas de Abade
Coruña, A
Santiago de Compostela
IES A Pontepedriña
Coruña, A
Ribeira
IES Leliadoura
Coruña, A
Fene
IES de Fene
Lugo
Burela
IES Monte Castelo
Lugo
Lugo
IES Muralla Romana
Lugo
Lugo
IES Sanxillao
Ourense
Carballiño, O
IES Manuel Chamoso Lamas
Pontevedra
Cangas
IES de Rodeira
Pontevedra
Cañiza, A
IES da Cañiza
Pontevedra
Marín
IES Chan do Monte
Pontevedra
Nigrán
IES Escolas Proval
Pontevedra
Ponteareas
IES Plurilingüe Pedra da Auga
Pontevedra
Tui
IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra
Vigo
IES Ricardo Mella
Pontevedra
Vigo
IES A Guía

A través deste programa, desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado.

Ofrécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dun marco de desenvolvemento dunha startup, xunto co asesoramento e axuda necesarios para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Se acada un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro da Rede de viveiros de empresa do programa Eduemprende.

Desenvólvense actividades formativas focalizadas no desenvolvemento das habilidades e competencias que o alumnado debe adquirir para ter un enfoque emprendedor: habilidades persoais, sociais, de relación, de comunicación, de definición de produto, de desenvolvemento de prototipos ou de propostas.

Simulación das contornas laborais

A través do programa de espazos de tecnoloxía aplicada, dótase aos centros de FP de ferramentas e elementos que simulan as contornas laborais, nas que se poden empregar metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, incorporando recursos apoiados en tecnoloxías dixitais tales como simuladores ou xemelgos dixitais.

Para o vindeiro curso incorpóranse un total de 15 centros a esta iniciativa, os reflectidos na seguinte táboa, que se suman aos 27 que xa desenvolvían o programa:

Provincia
Concello
Centro educativo
Espazo de tecnoloxía aplicada
Coruña, A
Arzúa
IES de Arzúa
Aula tecnolóxica forestal
Coruña, A
Coruña, A
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
Espazo EduLab: aprendizaxe 4.0
Coruña, A
Coruña, A
CIFP Someso
Hidro Dixital Wellness
Coruña, A
Ferrol
CIFP Ferrolterra

Aula 5.0 para automatización, deseño e implementación de dixital twin e cobot

Coruña, A

Santiago de Compostela

CIFP Compostela
Aula de Panadaría – Pastelaría Advance
Coruña, A

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago
Laboratorio de ensaio de materiais
Lugo
Lugo
CIFP As Mercedes
Shared Smarkt Classroom
Lugo
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Dixitalización dunha RUMED na aula
Lugo
Viveiro
IES María Sarmiento

Espazo de tecnoloxía aplicada en soldadura

Ourense
Carballiño, O
IES Manuel Chamoso Lamas
Aula de procesos automatizados
Ourense
Vilamarín
CIFP de Vilamarín
Aula tecnolóxica multisensorial
Pontevedra
Ponteareas
CIFP A Granxa

Aula tecnolóxica de análise e procesado de produtos saudables e eco-sostibles

Pontevedra
Pontevedra
CIFP Montecelo
Aula tecnolóxica Premium
Pontevedra
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Aula da electromobilidade
Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CIFP Fontecarmoa
Entorno virtual para electricidade
 
Cada centro recibirá unha achega de 55.000€ que poderá ser destinada á adaptación dos espazos e á adquisición de equipamentos tecnolóxicos propios de distintos sectores produtivos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/08/2023