A Xunta destaca o traballo da institución Padre Rubinos no apoio ás familias máis vulnerables

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións da entidade coruñesa

A Coruña, 17 de agosto de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe o importante traballo que realiza a Institución benéfica e social Padre Rubinos no apoio ás familias máis vulnerables a través do seu centro de atención continuada, o albergue e o comedor social. Díxoo nunha visita ás instalacións desta entidade que atesoura unha traxectoria de máis de cen anos no ámbito da atención social.

 

O director xeral sinalou que a Xunta seguirá colaborando con Padre Rubinos, apoiando tanto o funcionamento dos seus centros como os seus programas, dirixidos á inserción sociolaboral e á inclusión residencial de persoas sen fogar De feito, o Executivo autonómico concedeu a esta organización achegas económicas por máis de 320.000 euros nas últimas convocatorias da orde de axudas para entidades de iniciativa social e a que se corresponde co IRPF.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/08/2023