O Faro de Corrubedo acolle esta fin de semana os dous últimos concertos do festival Mar Aberto, concertos na fin da terra

Aínda quedan entradas para o sábado, 19 e o domingo, 20, data en que pechará esta edición a representante española deste ano de Eurovisión Blanca Paloma

As entradas, de balde, pódense reservar en www.festivalmaraberto.com
 

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2023

O Faro de Corrubedo, en Ribeira, será o lugar escollido para a despedida desta edición do ciclo de concertos en espazos singulares promovido por Turismo de Galicia e a Fundación LaCaixa, “Festival Mar Aberto, Concertos na fin do Mundo”, que chega ao seu remate esta fin de semana.

O sábado, 19 a proposta estará protagonizada por The Gift, un dos máximos expoñentes do panorama da música independente portuguesa, e por Sheila Patricia, cantautora galega que nos achegará as súa música orixinal e chea de forza, influenciada polo jazz, o fado ou o folckore.

Xa o domingo, a quenda será para Blanca Paloma que, tralo seu paso por Eurovisión, é unha das artistas españolas con maior proxección internacional; e de Allova, un orixinal proxecto vangardista liderado por a súa vocal de orixe rusa que mestura sons electrónicos con instrumentos e voz. Rapariga Dj e Senhora DJ serán as encargadas de pechar os concertos que, polo de agora, mantense en datas e ubicación establecidas, sempre que as condicións meteorolóxicas permitan a súa celebración. Estes concertos xa tiveran que ser adiados no mes de xullo por mor das condicións climatolóxicas adversas.

Compre lembrar que a apertura de portas será ás 19.30h e os concertos comezarán a partires das 20.15h. Aínda quedan entradas polo que aqueles interesados poden reservalas en www.festivalmaraberto.com.

 

Data de actualización: 14/08/2023