O legado romano e a enogastronomía centran a VIII Bacofesta da Rúa co director de Turismo, Xosé Merelles, como pregoeiro

A celebración, que se desenvolve desde hoxe e ata o domingo, lembra o pasado romano da vila ao tempo que exalta as elaboracións desta denominación de orixe

A Rúa, 11 de agosto de 2023

O pasado romano da vila e a exaltación do viño da comarca de Valdeorras constitúen a combinación perfecta para a celebración da 8ª edición da Bacofesta que A Rúa celebra desde hoxe e ata o domingo. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fillo deste concello foi o encargado de facer a lectura do pregón co que deu comezo oficial á celebración.

Postos de artesanía, de gastronomía e, por suposto, dos viños de Valdeorras serán un dos atractivos desta festa, que se completará con actuacións musicais, coa que se lembra o legado romano en terras ourensanas.

Data de actualización: 11/08/2023