Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Arteixo, parroquia de Suevos

A superficie afectada foi de 25,1 hectáreas, da cales 10 corresponden a arborado e o resto a raso

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Arteixo, parroquia de Suevos, quedou extinguido ás 14,04 h. de hoxe. Así, a superficie afectada afectada foi de 25,1 hectáreas, da cales 10 corresponden a arborado e 15,1 a raso

 

O lume iniciouse o pasado mércores ás 17,07 h. e para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos de apoio, 17 axentes, 30 brigadas, 16 motobombas, 1 pá, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 11/08/2023