A Xunta adxudica as obras de mellora das instalacións de abastecemento municipal do concello de Sober

Este contrato, adxudicado por preto de 40.000 €, ten como obxectivo intervir no sistema de abastecemento para mellorar o control e o funcionamento do servizo
 

As actuacións inclúen a disposición de contadores e válvulas en distintos puntos da rede, así como a reparación e acometida de arquetas
 

Tamén se substituirá un tramo de tubaxe que presenta deficiencias á altura da praza do Concello ou da rúa Progreso
 

A Xunta presta apoio técnico e financeiro aos concellos para que exerzan de forma eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2023 A Xunta vén de adxudicar as obras de mellora das instalacións de abastecemento municipal do concello de Sober.

O contrato, adxudicado por un importe de preto de 40.000 euros, ten como obxectivo intervir no sistema de abastecemento para mellorar o control e o funcionamento do servizo.

Os traballos consistirán no seguimento dos consumos nas distintas zonas das instalacións ou na localización de avarías a arranxar.

As actuacións inclúen a disposición de contadores e válvulas en distintos puntos da rede, así como a reparación e acometida de arquetas.

Tamén se substituirá un tramo de tubaxe que presenta deficiencias á altura da praza do Concello ou da rúa Progreso.

A Xunta presta apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer de forma eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento e proporcionen servizos de calidade aos cidadáns.

 

Data de actualización: 10/08/2023