Preto de 3.800 estudantes de 46 centros educativos beneficiaranse dos cursos de linguas estranxeiras que organiza a Xunta fóra do horario lectivo

A formación do programa Cuale é totalmente de balde para as familias e facilitan ao alumnado preparar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas

Os cursos desenvolveranse en inglés, francés, alemán e portugués, correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas
 

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2023 Preto de 3.800 estudantes de 46 centros educativos de toda Galicia beneficiaranse no curso 2023/24 dos cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) que organiza a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. O obxectivo é que o alumnado mellore as súas competencias en outros idiomas desde o seu propio centro educativo, no marco da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingue 2030, e poida preparar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas.

Dos centros seleccionados, 17 son da provincia da Coruña, sete da de Lugo, tres da de Ourense e 19 da de Pontevedra. O programa ofértase en inglés, lingua na que se desenvolverán un total de 59 cursos de diferentes niveis; francés, con 40 cursos; alemán, idioma na que haberá cinco cursos, e portugués, con tres cursos. A relación completa de cursos pode consultarse no Portal Educativo e a de centros participantes é a recollida na seguinte táboa:

Provincia
Concello
Centro
Coruña, A
Betanzos
IES As Mariñas
Coruña, A
Cambre
IES Afonso X O Sabio
Coruña, A
Cedeira
IES Punta Candieira
Coruña, A
Cee
IES Fernando Blanco
Coruña, A
Coruña, A
IES Agra do Orzán
Coruña, A
Coruña, A
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto
Coruña, A
Coruña, A
IES Salvador de Madariaga
Coruña, A
Ferrol
CIFP Leixa
Coruña, A
Ferrol
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Coruña, A
Melide
IES de Melide
Coruña, A
Mugardos
IES de Mugardos
Coruña, A
Muros
IES Plurilingüe Fontexería
Coruña, A
Oleiros
IES María Casares
Coruña, A
Ortigueira
IES de Ortigueira
Coruña, A
Ribeira
IES Nº1
Coruña, A
San Sadurniño
CPI de San Sadurniño
Coruña, A
Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Lugo
Burela
IES Perdouro
Lugo
Burela
IES Monte Castelo
Lugo
Chantada
IES Lama das Quendas
Lugo
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Lugo
Monforte de Lemos
IES Río Cabe
Lugo
Vilalba
IES Lois Peña Novo
Lugo
Xove
IES Illa de Sarón
Ourense
Ourense
IES As Lagoas
Ourense
Ourense
CIFP A Farixa
Ourense
Viana do Bolo
IES Carlos Casares
Pontevedra
A Estrada
IES Nº1
Pontevedra
As Neves
IES Pazo da Mercé
Pontevedra
Baiona
CPI de Cova Terreña
Pontevedra
Caldas de Reis
IES Plurilingüe Aquis Celenis
Pontevedra
Caldas de Reis
CPI Plurilingüe Alfonso VII
Pontevedra
Lalín
IES Laxeiro
Pontevedra
Lalín
IES Ramón Mª Aller Ulloa
Pontevedra
Meis
CPI de Mosteiro-Meis
Pontevedra
Porriño, O
IES Ribeira do Louro
Pontevedra
Poio
IES de Poio
Pontevedra
Pontevedra
IES A Xunqueira II
Pontevedra
Pontevedra
IES A Xunqueira I
Pontevedra
Pontevedra
IES Luís Seoane
Pontevedra
Pontevedra
IES Gonzalo Torrente Ballester
Pontevedra
Pontevedra
IES Valle-Inclán
Pontevedra
Silleda
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Pontevedra
Tui
IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra
Vigo

IES República Oriental do Uruguai

Pontevedra
Vigo
IES de Teis

A formación, totalmente de balde para as familias, desenvolverase fóra do horario lectivo ao longo do curso escolar e impartiranos profesores do propio centro, que tamén realizarán os exames correspondentes ao remate do curso. Existen catro modalidades diferentes, correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do arco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Modalidades para estudantes

Así, cursarán a modalidade Cuale A1 os estudantes que superasen todas as materias de 2º da ESO e que estean matriculados en 3º, mentres que Cuale A2 está dirixida ao alumnado que superase todas as materias de 3º da ESO e estea matriculado en 4º curso, así como aos inscritos en ciclos de FP de grao medio de menos de 2.000 horas. Cuale B1 vai dirixido ao alumnado de Bacharelato, de ciclos de grao medio de FP de 2.000 horas e de grao superior de menos de 2.000 horas. As modalidades Cuale B2 serán para o alumnado de Bacharelato, ciclos de FP de grao superior de 2.000 horas, e para os que dispoñan do certificado del nivel intermedio das escolas oficiais de idiomas ou outros certificados do nivel B1.

A superación das probas ao remate do curso supón a expedición por parte do centro dun certificado, no caso do nivel básico do Cuale A1, e dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas, no resto das modalidades. Para a obtención dos certificados oficiais é necesario que os estudantes superen as probas específicas que as escolas oficiais de idiomas realizan cada ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/08/2023