O director do IGVS reuniuse co alcalde da localidade

A Xunta licitará a redacción dos proxectos de urbanización e de expropiación do parque empresarial de Coristanco

O consello de administración de Xestur autorizou ambas licitacións

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2023

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, trasladou ao alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, que o consello de administración da empresa pública Xestur autorizou recentemente a licitación de dous contratos cos que se avanza na tramitación do futuro parque empresarial da localidade.

Durante unha reunión que mantiveron esta mañá, Heriberto García avanzou que, nas vindeiras semanas, Xestur licitará os contratos para redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial, por máis de 96.000 euros e para a redacción do proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados polo esta área industrial, por preto de 76.000 euros.

Cómpre lembrar que actualmente está en tramitación o Proxecto estruturante de solo empresarial (PEOSE) deste parque, que ocupará unha superficie de máis de 173.000 metros cadrados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/08/2023