A Xunta remata as obras de mellora do acceso desde a estrada AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, no concello de Touro

A intervención, cun investimento de máis de 48.000€, reforza a seguridade no acceso a estes núcleos desde a marxe esquerda da vía, á altura da Maroxa, cun importante tránsito de maquinaria agrícola

Construíronse carrís de aceleración e deceleración cun ancho de 3,50 metros para cada un, de modo que se adecúan as velocidades dos vehículos que transitan pola AC-240
 

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2023

A Xunta vén de rematar as obras de mellora do acceso desde a estrada autonómica AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, no concello de Touro.

Esta intervención, cun investimento de máis de 48.000 euros, centrouse na mellora da seguridade viaria no acceso a estes núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo desde a marxe esquerda da estrada, no punto quilométrico 5+490, á altura da Maroxa.

A intervención permitiu reforzar a accesibilidade e a seguridade nesta zona con elevado tránsito de maquinaria agrícola.

En concreto, executáronse carrís de aceleración e deceleración, cun ancho de 3,50 metros para cada un, de modo que se adecúan as velocidades dos vehículos que transitan pola AC-240 e os que accedan á vía desde Oca de Arriba e Oca de Abaixo.

A construción do acceso non interferiu coa drenaxe superficial ou profunda da calzada, xa que se lle deu continuidade ao actual mediante un canlón de seguridade de formigón, coas arquetas intermedias necesarias e as bocas cubertas por reixas inclinadas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/08/2023