A Xunta comeza as obras do aparcadoiro disuasorio na estrada PO-551 en Domaio, no concello de Moaña, cun investimento de máis de 877.000 €

Habilitarase un aparcadoiro de 75 prazas nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do existente na marxe dereita desta vía, no punto quilométrico 33+250

O novo aparcadoiro disporá de carrís de circulación interior dun só sentido e unha banda perimetral de itinerario peonil

A actuación forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta para acadar a transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles
 

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023 A Xunta vén de comezar as obras de execución do aparcadoiro disuasorio na estrada autonómica PO-551, en Domaio, no concello de Moaña, que suporán un investimento de máis de 877.000 euros.

Trátase da construción dun novo aparcadoiro nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do xa existente na marxe dereita da estrada autonómica, no punto quilométrico 33+250. 

O novo aparcadoiro contará cun total de 75 prazas, 2 delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida, e preinstalación de 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos.

Disporá, ademais, de carrís de circulación interior dun só sentido e unha banda perimetral de itinerario peonil.

A actuación forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/08/2023