A Xunta inicia as obras de mellora do firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, que suporán un investimento de máis de 1 M€

As obras realizaranse nas estradas OU-206, OU-212, OU-901 e OU-902, nos concellos do Carballiño, Avión, Carballeda de Avia, Leiro, Beade, San Cristovo de Cea e Vilamarín


As actuacións consisten na rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 km de vía, ademais do repintado das marcas viarias


Nas intervencións inclúense tarefas adicionais, como a limpeza e o reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón


A Xunta, a través deste tipo de actuacións, continua traballando na conservación e no mantemento das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria
 

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023 A Xunta vén de iniciar as obras correspondentes á mellora do firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, que suporán un investimento de máis de 1 M€.

Estes traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, vanse ir desenvolvendo nas estradas OU-206, no Carballiño; na OU-212, ao paso polos concellos de Avión, Carballeda de Avia, Leiro e Beade; na OU-901, en San Cristovo de Cea e no Irixo; e na OU-902, en Vilamarín.

As intervencións comprenden a rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 km de vía, completado co repintado das marcas viarias.

Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.

A Xunta, a través deste tipo de actuacións, continua traballando na conservación e no mantemento das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/08/2023